MISIÓN

A Fundación Juana de Vega ten como MISIÓN.

a mellora do tecido empresarial agroalimentario fomentando a súa competitividade e produtividade co obxectivo de mellorar o benestar e o progreso do medio rural de Galicia.

Con este obxectivo a Fundación convoca o

V PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO: un programa de apoio ao desenvolvemento de iniciativas empresariais nos sectores agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro de Galicia.

Colaboran

Presentado a

A segunda e terceira edición do Programa contou coa colaboración dos parladoiros do Mercado de la Cosecha cuxa recaudación en taquilla foi doada á Fundación para contribuír a os obxectivos do programa.

CAL É O SEU OBXECTIVO?

O obxectivo do Programa de Emprendemento é axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.

Serán seleccionados para participar no programa aqueles proxectos que presenten un alto grado de diferenciación baseado na calidade e na innovación, que teñan unha clara orientación ao mercado e que poñan en valor os recursos do territorio.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poderán participar no Programa de Emprendemento aquelas persoas que queiran poñer en marcha unha iniciativa empresarial nos eidos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro que se desenvolva no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia:

Os candidatos deberán ser maiores de idade, residentes en Galicia, con bo nivel de manexo do paquete Microsoft Office, motores de procura en internet, certo coñecemento do sector e sobre todo, cunha alta implicación no seu proxecto.

Valoraranse positivamente aquelas iniciativas con produtos agrícolas con Indicación Xeográfica Protegida ou con potencial de obtela a curto prazo.

COMO SE DESENVOLVE?

OBRADOIRO DE IDEAS: Xaneiro - Febreiro 2017

Nesta fase, un máximo de 32 emprendedores seleccionados participarán nun obradoiro de ideas empresariais.

No transcurso do obradoiro os emprendedores, asistidos por consultores especializados, reflexionarán sobre os elementos crave da súa idea empresarial e desenvolverán a estrutura do seu modelo de negocio: actividades clave, segmentos de clientes, canles comerciais e estrutura financeira.

O resultado de todo este traballo recollerase, por escrito, nun anteproxecto de empresa.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO. Marzo - Xullo 2017

De entre as persoas participantes na Fase I, seleccionaranse para participar na segunda fase do programa, a un máximo de dez anteproxectos, máis tres de reserva.

Nesta fase do programa prestarase asistencia técnica aos 10 anteproxectos seleccionados para o desenvolvemento operativo dos mesmos e consta de sesións docentes, titorías individuais e a presentación pública do proxecto.

Os obxectivos desta fase son: axudar ao emprendedor a perfilar a súa idea de negocio, definir o seu perfil estratéxico e competitivo, determinar as canles de comercialización axeitados, as necesidades financeiras, en definitiva, elaborar un plan de empresa rigoroso que permita implantar a empresa no mercado coas maiores garantías de éxito posibles.

POSTA EN MARCHA DO PROXECTO. Setembro - Novembro 2017

Esta fase consta de titorías individuais de consultoría e apoio á posta en marcha do proxecto empresarial. Esta asistencia técnica prestarase de acordo coas necesidades e circunstancias particulares de cada emprendedor, recollidas no seu plan de implantación.

O obxectivo desta fase é o apoio e seguimento do emprendedor na implantación e saída ao mercado. Para iso prestarase asistencia xurídica e apoio na tramitación de subvencións e axudas, na captación de recursos financeiros e en calquera outro tipo de necesidade que poida ter o emprendedor.

BASES DO V PROGRAMA
DÍPTICO

EMPRENDEDORES EDICIÓNS ANTERIORES

Nesta sección preséntanse algúns dos proxectos que participaron nas anteriores edicións do programa.

IV PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO

Proxecto:
Produción de mazá e horta ecolóxica

Emprendedor:
Asociación de fruticultores do Val (AFRUVAL)

Máis información
close

Creación dunha cooperativa de produción e comercialización de horta e mazá na Mariña lucense.

Contacto:

Alfoz- Valadouro
Teléfono: 666 193 744
Email: antonio.garcia.lorenzo@udc.es

Proxecto:
Extracción de aceites aromáticos de plantas oleoginosas.

Emprendedor:
Borja Freire López

Máis información
close

Empresa de produción de aceites vexetais con propiedades medicinais e estéticas.

Contacto:

A Coruña
Teléfono: 630 187 122
Email: brf.frr@gmail.com

Proxecto:
Cultivo de shitake sobre tronco

Emprendedor:
Alejandro Sánchez Ábalo

Máis información
close

Produción micolóxica de cogomelos de alto valor culinario mediante proceso que imita o desenvolvemento natural, obtendo cogomelos con propiedades organolépticas superiores.

Contacto:

Sobrado dos Monxes (A Coruña)
Teléfono: 680 690 989
Email: asanchez.abalo@gmail.com

Proxecto:
Vinagres do Ribeiro

Emprendedor:
Xoan Pablo Lorenzo Fariña

Máis información
close

Vinagres do Ribeiro nace como alternativa ó aproveitamento vitícola tradicional na comarca do Ribeiro, dinamizando plantacións existentes en semiabandono, readaptándoas a un cultivo responsable coa natureza, coa paisaxe e coa arqueoloxía rural. Para iso quere por na mesa do consumidor gourmet diversos tipos de vinagres selectos, con características organolépticas únicas, elaborados artesanalmente con garantía e control de calidade, desde a uva ata ao produto final.

Web: Vinagresdo Ribeiro

Contacto:

San Breixo de Berán (Ourense)
Teléfono: 672 080 757
Email: xpablolf@hotmail.com

Proxecto:
Produción e comercialización de trigo do país

Emprendedor:
ÓNEGA ARES SLU

Máis información
close

Establecemento dunha nova liña de negocio de produción e comercialización de trigo do país para a industria panadeira.

Web: agroamb.com

Contacto:

Castro de Rei (Lugo)
Teléfono: 881 247 679
Email: onega@agroamb.com

Proxecto:
Optima Cleaning SL

Emprendedor:
José Antonio Redondo Sampedro

Máis información
close

Consolidación dunha ampla gama de produtos de medicamento veterinario ecolóxico en base a principios activos naturais e aceites medicinais para a prevención de novos casos de mamitis en animais produtores de leite.

Web: optimacleaning.es

Contacto:

Porriño (Pontevedra)
Teléfono: 670 861 885
Email: gerencia@optimacleaning.es

III PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO

Proxecto:
Granja ecológica "O Carballo"

Emprendedor:
Francisco Fernández Armada

Máis información
close

Trátase dun proxecto de gandería situado nas Pontes de García Rodríguez, para a explotación de vacas da raza Limiá criadas en sistema extensivo ecolóxico. O obxectivo do proxecto non é unicamente o de produción gandeira, senón tamén o de transformar e vender a carne en despezamento para grupos de consumo, venda directa e o desenvolvemento de novos produtos innovadores, como hamburguesas ecolóxicas con algas, queixo ou pementa.

Contacto:

As Pontes (A Coruña)
Teléfono: 606 791 029; 981 328 645
Email: fran@granxaocarballo.com
www.granxaocarballo.com

Proxecto:
Autofarm

Emprendedor:
Daniel Reboredo Vila

Máis información
close

Trátase dun proxecto empresarial para a comercialización de hardware e software desenvolvido polos promotores para a xestión de explotacións agropecuarias (inicialmente de porcino) aplicable a acuicultura e a outros sectores, a través de dispositivos móbiles, computadores ou tabletas. É un proxecto innovador que traslada o concepto de domótica ao sector primario co obxectivo de que o gandeiro mellore a eficiencia da súa granxa aforrando custos enerxéticos, de alimentación e de consumo de auga.

Contacto:

Maceda (Ourense)
Teléfono: 661 222 058
Email: dreboredo@autofarm.es
www.autofarm.es

Proxecto:
Galiñas da horta

Emprendedor:
Adrián Taboada García

Máis información
close

É un proxecto de produción de ovos de maneira tradicional no municipio de Santiso, en Terras de Melide. O obxectivo do emprendedor é o de producir 1.500 ovos día con 2.000 galiñas en réxime extensivo con alimentación de cereais e verduras de produción propia. Pretende comercializalos en tendas tradicionais en núcleos urbanos da provincia da Coruña e Lugo.

Contacto:

Santiso (A Coruña)
Teléfono: 600 547 160
Email: adrian.taboada@hotmail.es

Proxecto:
Cervezas A Peregrina

Emprendedor:
José Bascuas Rodríguez

Máis información
close

Trátase dunha iniciativa empresarial de produción e comercialización de cervexa artesá, situada no Polígono de Costa Vella en Santiago. A empresa leva dous anos funcionando e os xestores pretenden redefinir o posicionamento estratéxico e competitivo, así como as canles de comercialización máis axeitadas para os produtos que ofrecen.

Contacto:

Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981 894 570
Email: jbascuas@peregrina.eu
www.peregrina.eu

Proxecto:
Helix Santa Ana

Emprendedor:
Javier Garnacho Gayarre

Máis información
close

Preténdese poñer en funcionamento unha explotación dedicada á cría e engorde de caracol da variedade hélix aspersa, mediante o confinamento en recinto acondicionado durante todas as etapas da vida do molusco. O proxecto pretende nunha segunda fase, especializarse na produción e comercialización de ovas de caracol, produto que ten un maior valor engadido que o propio caracol.

Contacto:

Culleredo (A Coruña)
Teléfono: 639 824 857
Email: sanmarcos@mundo-r.com

Proxecto:
Horta Castro de Rey

Emprendedor:
Oscar Freire Sánchez

Máis información
close

Proxecto para a posta en marcha no Concello de Castro de Rei (Lugo), dun negocio de produción de horta de tempada mediante o sistema de agricultura ecolóxica e venda en circuíto curto.

Contacto:

Castro de Rey (Lugo)
Teléfono: 618 122 248
Email: oefreire@hotmail.com

Proxecto:
Ramil Planta de Horta

Emprendedor:
Ramón Martínez Mouriño

Máis información
close

Empresa fundada en 1995, sita en Ribadumia (Pontevedra) para a comercialización de produtos agrarios e que agora pretende crear un centro de produción de plantel ecolóxico de especies hortícolas e aromáticas.

Contacto:

Ribadumia (Pontevedra)
Teléfono: 629 838 872
Email: ramon@ceressl.com

II PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO

Proxecto:
BEEalia

Emprendedor:
Ermitas Rodríguez Gómez, Andrea Ferreiro Fernández, Joan Alibés Biosca y Francisco Ónega López.

Máis información
close

Trátase dun proxecto para a produción en extensivo de cabrito e cordeiro do país, que contempla a transformación/preparación e comercialización do produto para pechar o ciclo produción-consumo a través dos circuítos curtos de comercialización. Para iso apóianse nas TIC, en especial a web 2.0. Inicialmente o proxecto integra dúas ganderías (as dos promotores) pero a idea é ir sumando produtores para aproveitamento de terras abandonadas no Concello de Pol en Lugo.

Contacto:

Pol (Lugo)
Teléfono: 619 032 791
Email: contacto@beealia.com
www.beealia.com

Proxecto:
Souto activo

Emprendedor:
Sara Varela Romeu, Rubén Avalo Rodríguez e David Castro Campello.

Máis información
close

O proxecto consiste no aproveitamento de 30 ha de castiñeiros que estaban abandonados en O Courel. Para iso chegaron a acordos de cesión cos propietarios e realizaron unha fase de acondicionamento por medio de rozas e podas co obxecto de mellorar a produtividade das leiras. O obxectivo é a produción e venda de castaña directamente e debidamente calibrada. Nunha fase posterior está previsto transformar a castaña para elaborar produtos de maior valor engadido.

Contacto:

Lugo
Teléfono: 636 532 550
Email: saravarelaromeu@gmail.com
http://revolta.usc.es/es/experiencia/5555b1b014a20/

Proxecto:
Galicianberries, S.L.

Emprendedor:
José Ángel Roca Vázquez.

Máis información
close

Empresa de produción e comercialización de arándanos e outros froitos, na Comarca de Terra Cha (Begonte) nunha leira de 72 hectáreas alugada a unha comunidade de montes en man común. Tamén contempla a transformación do produto de destrío para a fabricación de marmeladas e outros derivados industriais.

Contacto:

Begonte (Lugo)br> Teléfono: 689 534 853
Email: galicianberries@gmail.com

Proxecto:
Artexana Mondi

Emprendedor:
María Luisa Pérez Pérez

Máis información
close

Empresa orientada á produción, transformación e comercialización de Estevia. A Estevia é un edulcorante natural con propiedades medicinais que está moi demandada en herbolarios, parafarmacias e tamén en reposterías.

Contacto:

Aranga (A Coruña)
Telefono: 636 890664 - 639 258285
Email: artexanamondi@gmail.com
www.artexanamondi.es

Proxecto:
Horta Baldaio

Emprendedor:
Pablo Derios Sánchez, Laura Recarey Regueira

Máis información
close

Sucesión dunha empresa familiar por parte de dos mozos emprendedores, que dispoñen de 2 hectáreas de superficie ao aire libre e de 6.000 m2 de superficie baixo cuberta (invernadoiro) dedicada á produción hortícola.

Contacto:

Carballo (A Coruña)
Teléfono: 676 196 523
Email: deiros23@hotmail.com

Proxecto:
APISNOVA

Emprendedor:
Davide Outeiro Castiñeira.

Máis información
close

O proxecto supuxo a incorporación á actividade agraria dun veterinario que instalou unhas 500 colmeas en Ourense, para a produción, transformación e comercialización de mel e derivados

Contacto:

Silvares de Grou - Lobios (Ourense)
Gontán - Verea (Ourense)
Teléfono: 696 535 995
Email: info@apisnova.com
www.apisnova.com

Proxecto:
CAZARUM: Carne de caza delicatesen

Emprendedor:
Manuel Iglesias Noya

Máis información
close

Trátase dunha iniciativa empresarial para o aproveitamento de carne de caza (corzo, cervo e Xabaril), que actualmente non se aproveita ou se consome en restauración sen as necesarias garantías hixiénico - sanitarias e de maneira alegal. O proxecto supón a recollida de carne das diferentes cuadrillas de cazadores da contorna, sometela aos controis veterinarios oficiais, para despois transformala nunha sala de despezamento oficial. Os produtos elaborados e debidamente etiquetaxes, comercializaranse a través da canle HORECA.

Contacto:

Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 649 807 081
Email: manuel.gestioncinegetica@gmail.com

I PROGRAMA DE EMPREDEMENTO

Proxecto:
TASTELAB

Emprendedor:
Maruxa García

Máis información
close

TasteLab é unha empresa de consultoría de base tecnolóxica e innovadora orientada ao estudo dos produtos e dos consumidores desde un punto de vista sensorial.

Contacto:

Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 677 477 781
Email: tastelab@tastelab.es
www.tastelab.es

Proxecto:
Galo Celta

Emprendedor:
David Sueiro

Máis información
close

Empresa dedicada á produción, transformación e comercialización do Galo de Cruces, a través da canle HORECA, fundamentalmente orientado á alta restauración e cara á exportación.

Contacto:

Vila de Cruces (Pontevedra)
Teléfono: 618 080 679
Email: info@galocelta.com

Proxecto:
Souto da Trabe

Emprendedor:
Raquel Barreira e Mª José Barreira

Máis información
close

Empresa dedicada á produción e transformación de castaña ecolóxica na provincia de Ourense, que supón o aproveitamento multifuncional de 12 ha de superficie de bosque (castaña, boletus e mel).

Contacto:

Vilardevos (Ourense)
Teléfono: 687 807 944
Email: info@soutodatrabe.com
www.soutodatrabe.com

Proxecto:
Patata de Coristanco

Emprendedor:
Juan Carlos García Pose

Máis información
close

Empresa dedicada á produción e comercialización de 10 ha de superficie agrícola de pataca de calidade das variedades “Quenebec” e “Fina de Carballo”, empregando métodos manuais que garanten un axeitado tratamento do produto, que se presenta en diferentes formatos en función da canle de venda ao que vai dirixido.

Contacto:

Coristanco
Teléfono: 639 881 835
Email: juanxxaa@gmail.com

Proxecto:
Viveiro Angustia

Emprendedor:
Pablo López

Máis información
close

Empresa que xa estaba en funcionamento, que lanzou unha nova liña de negocio orientada á produción de plantas de variedades autóctonas de horta. O obxectivo é unha maior diferenciación dos seus competidores e mellorar as súas marxes comerciais nun momento no que está a aumentar a demanda deste tipo de variedades locais.

Contacto:

Betanzos (A Coruña)
Teléfono: 636 362 111
Email: pablo@viveiroangustia.com
www.viveiroangustia.com

Proxecto:
Granxa Louran

Emprendedor:
Pablo González Jove

Máis información
close

Trátase dun proxecto que consiste en diversificación dunha granxa familiar de vacún de leite (32 vacas, 30 ha de terreo e cortellos para 100 cabezas) para transformar a produción noutros derivados lácteos de calidade diferenciada (queixo, iogur, requeixo) e maior valor engadido. A explotación está vinculada cunha casa de turismo rural da súa propiedade na que pode comercializar parte da súa produción.

Contacto:

Teléfono: 696 439 592
Email: granxalouran@gmail.com
www.casalouran.com

Proxecto:
Horta Ramisquido

Emprendedor:
José Manuel García

Máis información
close

Trátase dunha explotación de vacún de leite con 30 vacas e 40 ha de terreo, que pretende diversificar a súa produción combinando coa produción hortícola, co obxectivo de mellorar as marxes da explotación familiar.

Contacto:

Laracha (A Coruña)
Teléfono: 619 486 014
Email: garciapedreira@yahoo.es

QUERES PARTICIPAR NO PROGRAMA?

Se tes unha idea de empresa agroalimentaria innovadora e queres poñelo en marcha, non o dubides. ¡Nós axudámosche!

Só tes que cubrir cos teus datos o formulario adxunto e explicarnos o teu proxecto. Poñerémonos en contacto contigo.

 

CUSTOS

A participación no programa é de balde, no en tanto, os participantes nas fases de II e III deberán aboar unha cota de inscrición de 100,00 € para garantir a vinculación e o compromiso do emprendedor co programa.

¡INSCRÍBETE XA!

PRAZO ABERTO ATA O 30 DE NOVEMBRO DE 2016

Formulario de inscrición

Pechado o prazo de inscrición

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

1º DATOS DO SOLICITANTE:

2º CURRICULUMN VITAE:

3º DESCRICIÓN DA IDEA BÁSICA DO
PROXECTO DE EMPRESA

4º RECURSOS ECONÓMICOS DO PROXECTO:

5º RECURSOS PERSOAIS DO PROXECTO:

CONTACTO:

Fundación Juana de Vega
Salvador Allende, 92
15176 San Pedro de Nós Oleiros (A Coruña)
T. 981 654 637 · Fax 981 652 095

info@juanadevega.org
www.juanadevega.org

Enviando datos 0%

RESPOSTA

pechar